folículo
folículo
(< lat follicŭlu ‘saco pequeno’)
-
s
m
[BOT]
Froito seco, polispérmico, monocarpelar e dehiscente que se abre segundo a liña de sutura ventral.
-
[ANAT]
-
s
m
Cripta ou cavidade pequena da pel ou das mucosas, xeralmente de función secretora.
-
folículo piloso
Folículo de forma tubular que contén a raíz do pelo e no que verten o seu contido as glándulas sebáceas. O folículo piloso ten a súa base no tecido subcutáneo, e atravesa a derme e a epiderme para abrirse na superficie. Existen en toda a superficie cutánea dos mamíferos, agás na palma das mans e na planta dos pés.
-
folículo primitivo
Folículo de De Graaf non maduro, en proceso de desenvolvemento.
-
folículo sebáceo
Cada unha das glándulas que secretan o sebo. Tamén se coñece como glándula sebácea.
-
folículo tuberculoso
Lesión anatomicopatolóxica típica que produce o bacilo de Koch nos tecidos.
-
s
m