fomento

fomento

(< lat fomentu)

  1. s m

    Acción e efecto de fomentar.

  2. s m [MED]

    Cada unha das preparacións tópicas, distintas dun ungüento ou dun emplasto, que se aplican sobre a pel en quente e durante moito tempo. Preténdese, a miúdo, obter un efecto analxésico ou resolutivo.

  3. s m [DER]

    Acción administrativa que ten a finalidade de protexer ou promover determinadas actividades dos particulares que pola súa natureza ou finalidade contribúen directamente á satisfacción do interese publico.