Fonseca, Alonso II de
Arcebispo de Santiago de Compostela (1464-1506), sobriño de Alonso I Fonseca. Retido en Noia por Bernal Yáñez (1465), durante o seu cativerio a cidade e a sé de Santiago foron conquistadas. Trala súa liberación estableceuse en Redondela e volveu a Santiago a mediados de 1469, onde liberou boa parte das posesións do arcebispado que permanecían en mans dos Irmandiños, coa axuda de Xoán Pimentel e Pedro Álvarez de Soutomaior. Enfrontouse coa nobreza galega polas posesións das vilas de Pontevedra, Noia e Padrón e diversas fortalezas, pero foi derrotado e cercado en Santiago mentres P. Álvarez de Soutomaior despoxou o arcebispado dos señoríos de Padrón, Fisterra, Muxía e Malpica, e das vilas de Pontevedra, Vigo e Redondela. Partidario de Isabel de Castela, co apoio dos Reis Católicos recuperou boa parte das vilas que foran usurpadas polos nobres. Dende o comezo da conquista de Granada foi gobernador de Castela (1491). Acompañou á infanta Catalina a Inglaterra (1501) para a súa voda con Arturo, príncipe de Gales. Elixido patriarca de Alexandría (1507), o seu fillo Alonso III Fonseca sucedeuno como arcebispo de Santiago.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Salamanca -
Deceso
Lugar : Santiago de Compostela