Fontainebleau, castelo de

Fontainebleau, castelo de

Castelo real francés situado no bosque de Fontainebleau. Iniciouno Francisco I, que en-cargou as obras a Gilles le Breton e S. Serlio; posteriormente, Enrique II encomendoullo a F. Primaticcio e P. Delorme, e durante o reinado de Luís XVIII, J. A. Cerceau, que fixo a escaleira de ferradura. J. A. Gabriel traballou por orde de Luís XV nun dos pavillóns da fachada principal; e Napoleón I fixo cambiar algunhas das estancias a P. F. Fontaine e C. Percier. Foi sede da sinatura de diversos acordos políticos, entre outros, Luís XIV asinou en 1685 o edicto que revogaba o Edito de Nantes; España e Francia asinaron un tratado polo que acordaban a repartición de Portugal en 1807; e Napoleón asinou a súa primeira abdicación en 1814. Foi prisión do Papa Pío VII (1812-1814) e cuartel xeral das forzas da OTAN en Centroeuropa (1949-1966).