Fontainebleau, escola de
Fontainebleau, escola de
Escola arquitectónica, escultórica e pictórica que naceu en Fontainebleau por mor da chegada de artistas italianos chamados por Francisco I para decorar o palacio. Foi continuadora do manierismo italiano con influencias flamengas e locais e de estilo elegante, obra de G. B. Rosso e F. Primaticio, e dos seus seguidores, N. dell´Abate, Pellegrini i Majorici e de artistas franceses como J. Goujon, J. Cousin e A. Caron. Os artistas que traballaron para Enrique IV coñécense co nome de segunda escola de Fontainebleau. Caracterizouse pola perfección material. Entre outros destacaron T. Dubreuil d´Anvers, J. Bunuel de Blois, A. Dubois d´Anvers e M. Fréminet.