Fontao, condado de
Fontao, condado de
[HIST/HERÁLD]
Título concedido por Isabel II o 17 de decembro de 1839, xunto co vizcondado de Moscoso de Altamira, a José María Moscoso de Altamira y Quiroga, maestrante de Ronda, alcalde de Ferrol, deputado por Galicia (1821) e ministro da gobernación (1822). Ten por armas as dos Moscoso de Altamira: en campo de ouro, unha cabeza de lobo, de sable, lampasada de goles, e no timbre, a coroa de conde.