Fontardión

Fontardión

Publicación de tendencia anarcosindicalista aparecida na Capela en 1977. Subtitulouse “Portavoz da CNT da Capela”. Trátase dun boletín interno da federación comarcal da CNT que entre 1973 e 1977 realizou o seu labor social e político na clandestinidade.