Fontenla Ramil, Antonio

Fontenla Ramil, Antonio

Empresario. Conselleiro delegado da empresa familiar Construciones Fontenla, ocupou diversos cargos en organizacións do ramo como presidente da Federación Galega da Construción (1986-2001), da Confederación Europea da Construción (1994) e vicepresidente da Confederación Nacional da Construción. No ámbito empresarial galego foi presidente da Confederación de Empresarios de Coruña (2000), da Confederación de Empresarios de Galicia (2001) e vicepresidente da Cámara de Comercio da Coruña. Desde o 2002 foi membro do comité executivo da xunta directiva da Confederación Española de Organizaciones Empresariales (CEOE).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña