Forde, Cyrill Darryll

Forde, Cyrill Darryll

Arqueólogo e antropólogo galés. Doutorado en Arqueoloxía Prehistórica no University College de Londres (1928), foi profesor de xeografía e antropoloxía na University of Aberystwyth e director do International African Institute de Londres. Seguidor das teorías de Gordon Childe, centrou os seus estudios no fenómeno megalítico europeo e na aplicación da etnografía no estudo da prehistoria africana. Entre as súas obras destacan Habitat, Economy and Society: a geographical introdution to ethnology (Hábitat, economía e sociedade: introdución xeográfica á etnoloxía, 1934), African worlds: studies in the cosmological ideas and social values of African peoples (Mundos africanos: estudios das ideas cosmolóxicas e os valores sociais dos pobos africanos, 1954), e Essays on the ritual of social relations (Ensaios do ritual das relacións sociais,1962).

Cronoloxía

  • Nacemento

  • Deceso

    Lugar : Londres