Formosa i Torres, Feliu
Escritor, tradutor e director teatral. Licenciado en letras. Fundou o Teatro Independente Catalán e o grupo teatral Gil Vicente. Viviu en Alemaña algún tempo. Introduciu no teatro catalán as correntes teatrais doutros países. Xunto con Artur Quintana publicou unha antoloxía alemá de loita chamada A la paret, escrit amb guix (Na parede, escrito con xeso, 1967). Escribiu textos teóricos como Per una acció teatral (Por unha acción teatral, 1971). Comezou a súa obra poética Albes breus a les mans (Amenceres breves nos mansos, 1973) e Llibre de meditacions (Libro de meditacións, 1973). En 1980 recompilou a súa obra poética en Si tot és dintre (Se todo está dentro). Anos máis tarde publicou os poemarios Semblança (Semellanza, 1986), Per Puck (Para Puck, 1992) e Al llarg de tota una impaciència (Ó longo de toda unha impaciencia, 1994). En 1988 recibiu o Premio Nacional de Teatro e en 1994 o Premio Nacional de Tradución.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sabadell