Fornas, mestre de

Fornas, mestre de

Pintor. Realizou os frescos de San Cristovo de Fornas e Santa Baia de Adá (Chantada). En Fornas representou nos muros da capela maior o Prendemento e a Resurrección; e en Adá, a Anunciación no testeiro da ábsida. As súas pinturas caracterízanse polas entoacións rosáceas, polo sentido de profundidade outorgado ás escenas, polos debuxos renacentistas e polas figuras de tamaño natural.