Fórneas Besteiro, José María

Fórneas Besteiro, José María

Filólogo. Doutorouse en Filosofía e Letras, sección de Filoloxía Semítica, pola Universidad Complutense de Madrid. Foi bolseiro na Universidade do Cairo (1955 e 1957) e, en 1970, gañou a praza de profesor adxunto de lingua árabe da Universidad Autónoma de Madrid. Desde 1973 é catedrático de lingua árabe e árabe vulgar na Universidad de Granada. Especialista no estudo da cultura árabe, o Islam e Al-Andalus, investigou, sobre todo, a filoloxía e os repertorios biobibliográficos e pertence ao equipo investigador da Escuela de Estudios Árabes, dependente do CSIC. Publicou, entre outros libros, Elencos biobibliográficos arábigoandaluces. Estudio especial de la “Fahrasa” de Ibn ‘A Palatino; ṭ iyya de Granada (1971) e, con Celia Álvarez de Morales, Las Kulliyyāt de Averroes (1987). Ademais cómpre destacar as súas traducións Reglas para la edición crítica de textos árabes (1958), de S. al-Dīn al-Munaŷŷid, La ciudad inicua (1963), do escritor exipcio M. Kāmil Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ḥ usayn, Biblia y Corán (1965), de J. Jomier e Escucha, Ridā, de Anīs Frey Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >ḥ a.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Arcos, Castroverde