Fort e Pazos, Carlos Ramón

Fort e Pazos, Carlos Ramón

Historiador e canonista. Doutor en Xurisprudencia e licenciado en Canons (1835), foi catedrático en Barcelona, Salamanca e Sevilla antes de converterse no reitor da Universidad Libre de Vitoria. Colaborou coa Igrexa en materia de dereito canónico e na continuación do libro do padre Flórez La España Sagrada. Dirixiu La Gaceta de Oñate e foi redactor de La Esperanza. Entre os seus escritos destacan “Instituciones canónicas de Devoti”, “Concordia de la Iglesia y el estado en la época de la España goda” (1857), “Estado de los estudios históricos en España durante el reinado de Carlos II” (1860) e un traballo inédito sobre o Colexio de Fonseca. Foi membro da Real Academia de la Historia.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña

  • Deceso

    Lugar : Madrid