Fort Wayne

Fort Wayne

Cidade do estado de Indiana, EE UU (205.757 h [2000]). Está situada na confluencia dos ríos Saint Joseph e Saint Marys, que forman o Maumee. Desde a abertura da canle de Wabash-Erie, en 1850, que a comunica con Toledo (Ohio) e a zona industrial dos Grandes Lagos, converteuse no núcleo industrial máis importante do N de Indiana e nun gran centro comercial. Foi fundada polos franceses, que construíron nela un forte, como base comercial ao redor de 1680. A comezos do s XIX transformouse nun importante centro comercial de peles.