Fortuna
Fortuna
Municipio da Comunidad Autónoma de Murcia (6.295 h [1996]). Situado no L da provincia. Está accidentado polos contrafortes occidentais da serra de Crevillente. A súa economía baséase na agricultura, gandería, sobre todo ovina, e nas canteiras de pedra, pero sobre todo destacan as súas augas termais que a converteron nun balneario de moita sona. Do seu patrimonio cultural destacan os xacementos paleolíticos da cova de El Barranco de la Higuera e a Rambla Salada e a Cueva Negra de la Fortuna, lugares onde se atopan os únicos graffiti literarios romanos da Península Ibérica.