Fortunato/Fortunata

Fortunato/Fortunata
[ONOM]

Antropónimo que ten a súa orixe no latín Fortunatus, cognome romano moi frecuente derivado do adxectivo fortunatus ‘afortunado’ e este, á súa vez, do substantivo fortūna ‘fortuna, sorte’. San Fortunato (540-600), bispo de Poitiers, foi poeta e haxiógrafo, e celébrase o 21 de febreiro; e santa Fortunata, virxe e mártir, o 14 de outubro.

Palabras veciñas

Fortuna | Fortuna | Fortunato de Poitiers, san | Fortunato/Fortunata | Fortuny i Marsal, Marià | fórum | Forum