forzar

forzar

(< lat v *fortiāre)

  1. v t
    1. Obrigar a alguén para que faga algo contra a súa propia vontade.

      Ex: Forzouna a ir á cea familiar.

    2. Violar a unha persoa.

      Ex: Forzárono de camiño á casa.

  2. v t

    Someter algo a unha forza excesiva chegando mesmo a estragala.

    Ex: Forzou a billa da auga e agora xira cega.

  3. v t
    1. Abrir algo mediante o emprego da forza.

      Ex: Os bombeiros forzaron a porta para poder entrar na casa.

    2. Tomar ou ocupar un lugar pola forza, vencendo a resistencia dos defensores.

      Ex: As tropas inimigas do rei forzaron o castelo e apresaron o rei.

  4. v t

    Someter algo ou a alguén a un esforzo excesivo.

    Ex: Forcei a vista e agora dóenme os ollos. Este entrenador forza moito os atletas.

  5. v t

    Esaxerar o sentido dunha palabra ou dun feito.

    Ex: Non forces unha interpretación tan malévola do que dixen.

  6. v t

    Facer que algo aconteza de maneira distinta ou máis rapidamente do que sería natural.

    Ex: O cambio climático forza períodos de seca cada vez máis frecuentes. Os sindicatos forzaron as negociacións cos sindicatos.

Palabras veciñas

forzador -ra | forzamento | Forzáns | forzar | forzoso -sa | forzudo -da | fosa
Conxugar
VERBO forzar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
forzo
forzas
forza
forzamos
forzades
forzan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
forzaba
forzabas
forzaba
forzabamos
forzabades
forzaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
forcei
forzaches
forzou
forzamos
forzastes
forzaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
forzara
forzaras
forzara
forzaramos
forzarades
forzaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
forzarei
forzarás
forzará
forzaremos
forzaredes
forzarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
forzaría
forzarías
forzaría
forzariamos
forzariades
forzarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
force
forces
force
forcemos
forcedes
forcen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
forzase
forzases
forzase
forzasemos
forzasedes
forzasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
forzar
forzares
forzar
forzarmos
forzardes
forzaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
forza
-
-
forzade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
forzar
forzares
forzar
forzarmos
forzardes
forzaren
Xerundio forzando
Participio forzado
forzada
forzados
forzadas