fosfórico -ca

fosfórico -ca

(< fósforo + -ico)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao fósforo.

  2. adx

    Que contén fósforo.

  3. adx

    Aplícase aos compostos de fósforo que teñen unha valencia ou número de oxidación de +5.

  4. ácido fosfórico [QUÍM]

    Ácido tribásico que se obtén industrialmente dos depósitos de fosfato tricálcico.

  5. óxido fosfórico [QUÍM]

    Óxido que se obtén comercialmente por combustión do fósforo, en corrente de aire. Emprégase como axente deshidratante.

Palabras veciñas

fosforescencia | fosforescente | fosforescer | fosfórico -ca | fosforilación | fosforilar | fosforilase