fosforilación

fosforilación

(< fosforilar)

  1. s f [BIOQ]

    Incorporación dun grupo fosfato a un composto orgánico.

  2. fosforilación fotosintética [BIOQ]

    Reacción que ten lugar na fotosíntese en que o fósforo inorgánico se fixa a unha molécula de ADP para a formación de ATP, coa utilización de enerxía luminosa. Existen dúas vías: a fosforilación cíclica e a fosforilación non cíclica. Tamén recibe o nome de fotofosforilación.

  3. fosforilación oxidativa [BIOQ]

    Reacción que se dá nos estadios finais da respiración aerobia, en que se produce a fosforilación do ADP, para formar ATP. Ten lugar nas mitocondrias celulares conxuntamente co transporte de electróns e representa un mecanismo de conservación de enerxía que se produce na respiración celular.

Palabras veciñas

fosforescente | fosforescer | fosfórico -ca | fosforilación | fosforilar | fosforilase | fosforilo