fotodíodo

fotodíodo

(< foto- + díodo)

s m [FÍS]

Díodo previsto para accionarse mediante a luz. Baséase no aproveitamento do forte campo eléctrico que existe na zona de carga espacial para separar os electróns e buratos que xera a luz incidente, e dá lugar a unha corrente moi superior á que circula por un díodo nas mesmas condicións de polarización inversa.