fotoelasticidade
fotoelasticidade
(< foto- + elasticidade)
s
f
[FÍS]
Propiedade que teñen algunhas substancias transparentes e isótropas de se converter en birrefrinxentes pola influencia dunha deformación elástica. Pódese observar mediante polarizadores. Descuberta por D. Brewster en 1816, aprovéitase para estudar as tensións mecánicas sufridas por pezas, a partir da análise da fotoelasticidade de modelos feitos en materiais transparentes. Tamén se coñece como birrefrinxencia mecánica.