fotosensibilizador

fotosensibilizador

(< foto- + sensibilizador)

s m [QUÍM]

Nome xenérico das substancias que catalizan as reaccións fotoquímicas en presenza de luz. Estas substancias excítanse pola acción da luz e transfiren a súa enerxía aos reactivos. O cloro, os vapores de mercurio e de cadmio e a clorofila son fotosensibilizadores.

Palabras veciñas

fotorreceptor -ra | fotorresistencia | fotosensibilización | fotosensibilizador | fotosensible | fotosensor | fotosfera