Miró Moreno, Pilar

Miró Moreno, Pilar

Realizadora cinematográfica. Formouse na televisión e foi directora xeral de Cinematografía (1982-1985) e directora xeral de Radiotelevisión Española (1986-1989). Exemplo do cine de autor español do último terzo do s XX, dirixiu os filmes La Petición (1976), El crimen de Cuenca (1979), película polémica a causa da súa prohibición; Gary Cooper que estás en los cielos (1981), Werther (1986), Beltenebros (1991, Silberner Bär en Berlín 1992), El pájaro de la felicidad (1992), Tu nombre envenena mis sueños (1996) e El perro del hortelano (1996, sete premios Goya 1997).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid

  • Deceso

    Lugar : Pozuelo de Alarcón