Mirón
Mirón
Escultor grego. Probablemente foi discípulo de Axeladas de Argos, xunto a Policleto e Fidias, e traballou en Atenas. A súa obra, en bronce, só é posible coñecela por medio de copias en mármore. Realizou para a Acrópole de Atenas o grupo de Atenea e Marsias, e en Olimpia e Delfos fixo diversas estatuas atléticas. Atribúenselle algunhas estatuas de Erecteo, Perseo, Heracles e Apolo, e unha Hécate de madeira. Representaba animais cun gran realismo. A súa grande achega foi a plasmación do movemento instantáneo. Destaca o Discóbolo.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Eleuteres, Ática