misérables, Les
misérables, Les
[LIT]
[Os miserables] Novela escrita por Victor Hugo en 1862. Ambientada na Francia posterior á restauración do Rei Luís Filipe I de Francia, narra a vida dun ex-presidiario, Jean Valjean, quen, acusado dun roubo pola policía, queda en liberdade grazas á declaración no seu favor do bispo de Digne. A partir dese momento a vida de Valjean sofre unha profunda transformación que o levará a facer o ben. A novela, unha crítica social, analiza a través dos seus personaxes a dura realidade dos sectores máis baixos do París de mediados do s XIX.