miserento -ta

miserento -ta

(< mísero)

  1. adx

    Que denota unha extrema pobreza.

    Ex: É un poboado miserento afastado da cidade.

    Sinónimos: miserable.
  2. adx e s

    Que ou quen inspira desprezo pola súa condición moral.

    Ex: Foi un acto miserento propio dunha persoa coma el. Éche  un miserento, non lle fagas caso.

    Sinónimos: miserable.
  3. adx

    Que amosa unha actitude mesquiña e apegada ao diñeiro.

    Ex: É tan miserento que nin aos fillos lles deu nada.

    Sinónimos: miserable.