miseria

miseria

(< lat miserǐa)

  1. s f

    Carencia extrema dos recursos necesarios para vivir. Na tradición oral recóllense ditos como: “Fame, sede, miseria e frío meten ao home na casa do seu inimigo”.

    Ex: Era un país fundido na miseria que apenas tiña recursos económicos.

    Sinónimos: cativeza, penuria.
  2. s f

    Cousa de pouco valor ou cantidade moi pequena dalgunha cousa.

    Ex: Deulle unha miseria de cartos para comprar o coche.

  3. s f

    Circunstancia adversa que fai a quen a padece digno de compaixón.

    Ex: A miseria daquela muller facía que todos os veciños a axudasen.

  4. s f

    Xeito de comportarse que implica mesquindade e avaricia.

    Ex: Deulle os cartos cunha miseria que daba noxo.

  5. s f

    Conxunto de elementos que son indicio de extrema pobreza.

    Ex: Nunca vira tanta miseria naquela rexión.

  6. s f

    Sucidade extrema, especialmente con presenza de parasitos.

    Ex: Traía tanta miseria enriba que houbo que bañalo dúas veces.

Frases feitas

  • Roerlle a miseria os ósos. Ser alguén extremadamente pobre.

Refráns

  • Cando a raposa anda aos grilos, non hai para ela nin para os fillas.
  • Mal lle vai ao raposo, cand<;> anda aos grilos.
  • Vale máis ser media merda que merda enteira.