Missouri
Missouri
Río de América do Norte, EE UU, o afluente máis longo do Mississippi con 4.740 km. Nace nas Montañas Rochosas, nas chairas altas do Yellowstone, e está composto por tres ríos, o Jefferson, o Madison e o Gallatin, que sucan profundamente o país; xa reunidos, saltan nas Great Falls para abandonar as terras altas e rochosas e atravesar a maior parte da chaira do oeste-central norteamericano ata Saint Louis, onde libera o seu caudal. Entre os seus afluentes destacan o Yellowstone, o Bighorn, o Platte e o Kansas. Preto do Mississippi as precipitacións son abundantes en inverno, pero non chegan a notarse no rexime do río. A conca do Missouri é esencialmente rural, agrícola e gandeira.