mitreo
mitreo
s
m
[RELIX/HIST]
Santuario dedicado a Mitra que adoitaba estar en sotos ou a nivel de terra e construído en ángulos escuros e cuberto cunha bóveda furada por unha claraboia, a través da que se filtraba un raio de luz que iluminaba só a imaxe do deus. Conserváronse diversos mitreos en Oriente e en Europa, particularmente en Italia. Nalgúns casos, construíuse sobre a cripta que os constituía unha igrexa, como a de Santa Prisca ou a de San Clemente, en Roma.