Mobutu, Sese Seko

Mobutu, Sese Seko

Militar e político. Xefe de Estado Maior e comandante en xefe do exército (1961), foi ministro de Patrice E. Lumumba, pero contribuíu á súa destitución e detención en 1960. En 1965 dirixiu un golpe de estado contra o presidente Joseph Kasavubu e pouco despois instaurou un réxime caracterizado polo autoritarismo, a corrupción e a demagoxia no interior e por unha política exterior dependente do apoio económico e militar occidental. Foi reelixido presidente en 1970, 1977 e 1984. En 1994 cedeu a presidencia a un goberno de transición cara á democracia. En 1996, a guerrilla da Alliance des Forces Démocratiques pour la Libération du Congo-Zaïre fixo caer o goberno de Mobutu, e foi substituído polo líder Laurent-Désiré Kabila, quen, en maio de 1997, se autonomeou presidente do país. Mobutu exiliouse a Marrocos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lisala, República Democrática do Congo

  • Deceso

    Lugar : Rabat