mocárabe

mocárabe

(< ár muqarbas ‘adorno detalla’)

s m

Elemento decorativo, propio da arte musulmá, obtido mediante a combinación xeométrica de prismas entestados e truncados polo extremo inferior en forma de superficie cóncava. Colócase en fileiras superpostas ou elevándose en progresión. Este tipo de decoración apareceu en Persia, desde onde se estendeu, durante os ss XI e XII, a Exipto, Siria, Sicilia, o Magreb e Al-Andalus, onde na época nasarita (x XVI), foi moi importante. Destacan os mocárabes da casa real vella da Alhambra de Granada.

Palabras veciñas

mocalleira | Moçambique | Moçambique, canal de | mocárabe | mocasín | mocazo | mocear