moderno -na

moderno -na

(< lat modernu ‘recente’)

  1. adx

    Relativo ao tempo presente ou a unha época relativamente próxima.

    Ex: Vivo na parte moderna da cidade.

    Sinónimos: actual.
  2. adx e s

    Aplícase a algo que é propio do tempo presente.

    Ex: Isto resolveuse coa aparición da ciencia moderna.

    Sinónimos: actual.
  3. adx e s

    Que ou quen adopta os novos usos, gustos ou avances máis recentes.

    Ex: Tes unhas ideas demasiado modernas. A moderna da túa irmá sempre viste con roupa rechamante.

    1. adx

      Relativo ou pertencente á Idade Moderna.

    2. Idade Moderna [HIST]

      Período en que se divide a historia, posterior á Idade Media e anterior á Idade Contemporánea, establecido segundo a división cronolóxica da historiografía occidental. O seu inicio considerouse o s XVI tras a caída de Constantinopla (1453) e o descubrimento de América (1492). Abrangueu os ss XVII e XVIII e rematou coa chegada ao poder da burguesía e a Revolución Industrial do s XVIII. A data límite marcouse no proceso revolucionario francés de 1789. Ademais de á historia, aplícase ás manifestacións culturais e sociais que aconteceron durante ese tempo como a filosofía, a política, a arte, a socioloxía e a política, entre outras.