modoc

modoc
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao pobo modoc ou á súa lingua.

  2. s [ETN]

    Individuo do pobo modoc.

  3. s m pl [ETN]

    Tribo amerindia que habitaba en Oregon. En 1873 foron practicamente aniquilados polos brancos. En 1970 quedaba un grupo de 80 individuos na reserva de Oklahoma e outro de 330 na de Oregon.

  4. s m [LING]

    Lingua do phylum amerindio da familia penuti, que falan os modoc.

Palabras veciñas

modisto -ta | Mödl, Martha | modo | modoc | Modón | 1 modorra | 2 modorra