Modotti Mondini, Assunta Adelaide Luigia

Modotti Mondini, Assunta Adelaide Luigia

Fotógrafa italiana. Coñecida como Tina Modotti, comezou a súa carreira con Edward H. Weston (1921). Viaxou a México (1922), onde coñeceu a Diego Rivera, José Clemente Orozco e David A. Siqueiros. Colaborou na revista Mexican Folkways e integrouse no Partido Comunista Mexicano (1927). Expulsada de México (1930), viaxou por Rusia e Alemaña, onde se relacionou coa Bauhaus de Berlín, e participou na Guerra Civil Española. A súa obra difundiuse a través da exposición itinerante Women of Photography (1975).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Udine

  • Deceso

    Lugar : México