moedaxe

moedaxe

(< moeda)

s f [HIST]

Imposto periódico establecido xa no s XIII en diferentes reinos hispánicos para evitar que o rei fixese uso da súa regalía facendo cuñar moeda rebaixada de lei pero mantendo o valor nominal. Implantado en 1202 no Reino de Castela co nome de moneda forera, foi introducido por Pedro I de Aragón nos seus estados.

Palabras veciñas

Moeche | Moeche, castelo de | moeda | moedaxe | moedeiro -ra | moedura | 1 moega