Moendo

Moendo
[PUBLIC]

Revista editada en Groningen (Países Baixos) a partir de 1978, que cesou probablemente en 1979. Subtitulouse “Boletín do Comité pra Galicia” e naceu co obxectivo de informar sobre as actividades realizadas por este comité, que se organizara en 1977. Na súa elaboración colaboraron Jikkie Jonkman, Elly Quist, Domingo Prieto, J. L. Alonso, Tonny Lipman, Pauline Roffel, Marjan Smeitink e Marianneke Shoonbeek. Centrouse sobre todo en novas de Galicia, relacionadas coa situación política, social e económica, e pretendeu converterse nunha tribuna aberta á colaboración dos lectores. Ademais, prestoulle unha especial atención ao apartado de lingua e cultura.