mofeta
mofeta
(< ital mofeta ‘exhalación pestilente’ e moffetta ‘animal mamífero’)
-
s
f
[ANIMAL]
Mamífero carnívoro dos xéneros Mephitis e Spilogale da familia dos mustélidos, especialmente a especie M. mephitis, que alcanza uns 45 cm de lonxitude, dos que 20 cm son de cola, e ten o corpo robusto, recuberto por unha pel negra con dúas raias laterais brancas. Son características as súas glándulas anais, que segregan un líquido infecto e moi cheirento. Habita en América do Norte, entre o S de Canadá e o N de México.
-
s
f
-
[XEOL]
Unha das últimas manifestacións da actividade volcánica, que consiste nunha fonte de dióxido de carbono que sae da codia terrestre.
-
[QUÍM]
Gas pernicioso e irrespirable que se desprende das minas ou doutros sitios subterráneos.
-
[XEOL]