Moguer
Moguer
Municipio de Huelva, Andalucía, situado ao NL da capital provincial e preto do esteiro do río Tinto (15.219 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, tanto na de secaño como na de regadío, sobre todo no cultivo de amorodos e laranxas, e na explotación forestal. Destaca o mosteiro de Santa Clara, gótico mozárabe, fundado no s XIV.