Mohorovičić, descontinuidade de

Mohorovičić, descontinuidade de
[XEOL]

Superficie de descontinuidade que separa a codia terrestre do manto, situada a uns 35 km por baixo dos continentes e a uns 5 km por baixo do fondo mariño. Foi descuberta polo xeólogo croata Andrija Mohorovičić (1857-1936). Nela prodúcese un continuo de cambios bruscos da velocidade de propagación das ondas sísmicas, que indica cambios físicos e químicos da materia, o que permite unha interpretación concéntrica da estrutura da Terra.