Mohr, círculo de

Mohr, círculo de
[TECNOL]

Método gráfico que permite calcular, nun punto determinado, o esforzo normal, de tracción ou de compresión, e o esforzo cortante que actúan sobre un elemento de superficie de inclinación arbitraria, se se coñece o esforzo normal e o esforzo cortante que actúa sobre dous elementos de superficie ortogonal. Serve para determinar os esforzos principais e as direccións das superficies que os soportan, ás que corresponde un valor nulo de esforzo cortante. As superficies en que o valor do esforzo cortante é máximo forman un ángulo de 45° coas anteriores.