Moldes, San Martiño de

Moldes, San Martiño de

Igrexa parroquial situada en Melide. Construída en estilo románico (finais s XII-comenzos s XIII), presenta unha nave única rectangular e capela cadrada na cabeceira, á que se accede a través dun arco de medio punto. A portada principal leva tripla arquivolta e tímpano historiado, con labra moi tosca en dous planos, técnica que se repite na portada do lateral.