Molinaseca
Molinaseca
Municipio da comarca do Bierzo, integrado na provincia de León, Castela e León, e situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago (769 h [2001]). Na entrada do termo atópase o santuario das Angustias, de finais do s XVIII. As súas portas foron forradas de ferro xa que existía o costume entre os peregrinos de levar unha estela como recordo.