Moltke, Helmuth Karl Bernhard von

Moltke, Helmuth Karl Bernhard von

Militar. Nomeado xefe do Estado Maior Xeral (1857-1888), reorganizou e mellorou, xunto co ministro da guerra Albrecht von Roon, o exército prusiano. Interveu na segunda parte da campaña contra Dinamarca e dirixiu as operacións contra Austria (1866) e Francia (1870), que lle deron prestixio abondo para acceder como deputado ao Reichstag. Foi mariscal de campo (1871) e membro vitalicio da Bundesrat (1872), pero foi relevado das súas funcións por Guillerme II de Prusia en 1888.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Parchim, Prusia

  • Deceso

    Lugar : Berlín