Monge Cruz, José

Monge Cruz, José

Cantante. Coñecido como Camarón de la Isla, foi o maior representante da música flamenca. Mesturou na súa música o flamenco co rock, o jazz e os ritmos orientais, e mantivo unha estreita amizade e colaboración artística con Paco de Lucía, do que son froito Cada vez que nos miramos (1970) e Castillo de arena (1977). Destacan os seus discos La leyenda del tiempo (1979), Viviré (1982), Soy gitano (1989) e Potro de rabia y miel (1991). Recibiu a Medalla de Oro de la Junta de Andalucía e a Medalla de Oro de las Bellas Artes.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : San Fernando, Cádiz

  • Deceso

    Lugar : Badalona