mongol

mongol

(< topónimo Mongolia)

    1. adx

      Relativo ou pertencente a Mongolia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. s

      Natural ou habitante de Mongolia.

  1. [ETN]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao pobo mongol.

    2. s

      Individuo do pobo mongol.

    3. s m pl

      Pobo dunha rama mongol procedente do Turkestán, que foi islamizado no s XIV e que creou un grande imperio.

  2. s m [LING]
    1. Lingua mongol do phylum altaico que se fala en Mongolia.

    2. Grupo de linguas do phylum altaico que inclúe entre outras, o oirat, o calmuco, o mogol de Afganistán, o buriato e o khalkha, falados na República de Mongolia. En China Occidental tamén se falan algunhas linguas mongois. Os documentos literarios mongois están escritos seguindo catro sistemas de escritura: a uigur (que procede da siríaca a través da sogdiana), a cadrada ou P’ags-pa (s XIII, obra do gran lama Sa-skya), a mongol (baseada no alfabeto uigur), aínda de uso corrente, e na República Popular de Mongolia desde 1944, a escritura baseada no alfabeto cirílico. Os primeiros textos datan da época de Xenguis Khan. Temén no s XIII apareceu a crónica épica da orixe dos mongois, a Historia secreta dos mongois, redactada cara ao 1240 e conservada no texto orixinal. No século seguinte apareceron xa algunhas traducións budistas, testemuño da conversión dos mongois á nova relixión. Con todo, o mongol clásico conseguiu un relevo moi notable nos ss XVII e XVIII: obras históricas, escritos humanísticos e unha tradución importante da gran colección tibetana de escritos budistas.

  3. literatura mongol [LIT]

    Literatura escrita en lingua mongol. Os documentos literarios mongois están escritos seguindo catro sistemas: a uigur (que procede da siríaca a través da sogdiana), a cadrada ou P’ags-pa (s XIII, obra do gran lama Sa-skya), a mongol (baseada no alfabeto uigur), aínda de uso corrente, e na República Popular de Mongolia, desde 1944, a escritura baseada no alfabeto cirílico. Os primeiros textos datan da época de Xenguis Khan. Tamén no s XIII apareceu a crónica épica da orixe dos mongois, a Historia secreta dos mongois, redactada cara a 1240 e conservada no seu texto orixinal con caracteres chineses, que marca o comezo do período pre-clásico. No século seguinte apareceron xa algunhas traducións budistas, testemuño da conversión dos mongois á nova relixión. Con todo, o mongol clásico conseguiu un relevo moi notable nos ss XVII e XVIII, coa elaboración de obras históricas, escritos humanísticos e unha tradución importante da gran colección tibetana de escritos budistas, chamada Kangiur. A partir de 1632 a escritura mongol clásica foi adoptada tamén polos manchús, quen desde sempre escribiran a súa lingua con caracteres chineses; este feito supuxo un beneficio para os propios mongois. A partir do s XIX, a influencia da literatura e da lingua chinesas foi notable, paralela á influencia política. No s XX corrobórase a importancia da escritura mongol clásica que, durante a revolución comunista en Mongolia (1921), é a que se emprega para a publicación de xornais e panfletos. Nesta época cómpre salientar a obra do escritor e poeta de ideoloxía comunista Natsagdorj. En 1930, e durante un breve período de tempo, adoptouse o alfabeto latino, tal e como se reflicte nalgúns selos da época. Posteriormente, fíxose o mesmo co alfabeto cirílico ruso, aínda que nunca se perdeu o cultivo da lingua clásica, sobre todo para propósitos privados, como por exemplo a correspondencia. A utilización desta escrita, paralela á utilización da cirílica rusa, foi decretada oficialmente polo goberno a partir de 1991 e continuou ata principios do s XXI.