monoclínico -ca
monoclínico -ca
(< mono- + κλίνειν ‘inclinar’)
-
adx
[XEOL/FÍS/QUÍM]
Que ten unha soa inclinación oblicua dos eixes.
-
adx
[XEOL/FÍS/QUÍM]
Relativo ou pertencente ao sistema monoclínico.
-
sistema monoclínico
[XEOL/FÍS/QUÍM]
Sistema cristalino formado por tres clases cristalinas. A clase de máis simetría, a holoedria monoclínica, posúe un eixe binario, un plano de simetría perpendicular a dito eixe e un centro de simetría, e é a clase cristalina na que cristaliza un número máis grande de compostos.