Monrovia

Monrovia

Capital de Liberia, situada na costa atlántica (479.000 h [1999]). É un porto moi activo de exportación de caucho, ferro e ouro. Foi fundada en 1822 pola American Colonization Society para acoller aos escravos liberados de EE UU. Recibiu o nome en homenaxe ao presidente estadounidense James Monroe.