Montaña, La

Montaña, La

Semanario publicado en Santa María de Oza a partir do 10 de xullo de 1898. Cesou o 2 de abril de 1899. Baixo o subtítulo “Semanario. Defensor de los intereses morales y materiales del distrito”, editouse na imprenta e libraría de Carré. Caracterizouse pola súa loita conta o caciquismo, o ton reivindicativo na defensa das necesidades locais e o seu escepticismo político ante a guerra de Cuba. Tivo un importante peso na prensa coruñesa do s XIX e contou coa participación de Francisco Añón e Curros Enríquez. Incluíu tamén fragmentos de obras literarias.