Montaos
Montaos
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe galega con orixe preto de Ordes. Trae como armas, en campo de goles, dúas vieiras de prata, e debaixo delas, unha caldeira con brocal e asas de ouro, formando triángulo coas vieiras. Outros traen, en campo de ouro, sete escaques de azul e outros, en campo de azul, un castelo de ouro e dous leóns, tamén de ouro, empinados nos seus muros.