montante

montante

(< montar)

  1. adx [HERÁLD]
    1. Aplícase ao crecente coas puntas cara ao xefe do escudo.

    2. Aplícase ás abellas e bolboretas que están en actitude de voar cara a arriba.

  2. s m [CONSTR]
    1. Cada unha das pezas verticais que forman os costados do bastidor dunha porta ou dunha fiestra.

    2. Cada unha das pezas de madeira, pedra ou ferro pousadas verticalmente, sobre as que van montadas as outras pezas en certos aparellos ou construcións (prensas, teares, escaleiras).

    3. montante de colgar

      Montante dunha porta ou dunha fiestra, onde van colocados os gonzos.

    4. montante de fechar

      Montante dunha porta ou dunha fiestra, onde está a fechadura.

  3. s m [ARQUIT]

    parteluz.

  4. s m [BÉL]

    Espada grande que se debe esgrimir con dúas mans.